A profesora Almudena Hospido tomará posesión o luns como vicerreitora de Internacionalización
A profesora Almudena Hospido Quintana tomará posesión o luns 19 do seu cargo como vicerreitora de Internacionalización nunha sesión protocolaria que presidirá o reitor Juan Viaño a partir das 13.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.
Pertencente á primeira promoción de enxeñeiros químicos da USC, realizou diversas estanzas de investigación noutras universidades de España, Suecia, Reino Unido e Canadá. O seu traballo investigador céntrase no ámbito da xestión ambiental e en particular no desenvolvemento e aplicación da metodoloxía de Análise do Ciclo de Vida, campo no que posúe preto de medio centenar de artigos ou oito capítulos de libros.
En paralelo á súa actividade investigadora e docente foi coordinadora de Relacións Exteriores da USC. É editora da sección ‘Wastewater treatment and management’ da revista International Journal of Life Cycle Assessment ademais de revisora de diversas revistas científica de ámbitos internacional.