Ir o contido principal

A profesora Josefina Ling, unhas das protagonistas dun programa de TVE sobre as pioneiras da astronomía en España

A profesora do Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller, Josefina Ling, é unha das protagonistas dun programa que o espazo de Televisión Educativa UNED vai emitir este venres 17 en La 2 dedicado ás pioneiras en España no estudo da astronomía.
‘Mujeres en las estrellas II. Las pioneras españolas: el inicio del camino’ quere subliñar o labor das mulleres no desenvolvemento das astronomía como disciplina científica. A profesora Ling intervén no programa xunto á tamén docente na Universidade de Barcelona, Cesca Figueras, e a Asunción Catalá e Antonia Ferrín, consideradas estas dúas últimas como dúas das pioneiras que se dedicaron profesionalmente á astronomía en España.
Á emisión do venres, entre as 10:00 e as 11:00 horas, seguiralle unha redifusión o sábado 18 na Canle Internacional.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.04.2009.