Os profesores Darío Acuña e Germaine Escamés serán os protagonistas dunha sesión científica en Medicina sobre ‘Novas dianas terapéuticas da melatonina’
A Facultade de Medicina acolle o vindeiro luns 26 unha sesión científica arredor das accións fisiolóxicas e farmacolóxicas da melatonina, co lema ‘Novas dianas terapéuticas da melatonina’. Será a partir das 19.00 horas na Aula Castelao do centro compostelán. O papel da melatonina no ámbito mitocondrial e a súa aplicación en patoloxías para as que ata agora non existe solución farmacolóxica, son os argumentos que desenvolverán os profesores da Facultade de Medicina de Granada Darío Acuña e Germaine Escamés, recoñecidos expertos internacionais nas accións biolóxicas e aplicacions farmacolóxicas da citada hormona.