Profesores e estudantes de Veterinaria enfróntanse nun torneo de fútbol sala
Profesores e estudantes da Facultade de Veterinaria de Lugo enfrontaranse este venres 12 nun torneo de fútbol sala que se enmarca dentro das actividades organizadas pola Comisión do XXV Aniversario para celebrar os vintecinco anos deste centro universitario do campus lugués.
Os partidos deste torneo comezarán ás 12:00 horas no pavillón municipal O Palomar coas semifinais masculinas e femininas entre o persoal docente e o alumnado. As finais desenvolveranse a partires das 16:00 horas e ao remate farase entrega dos trofeos conmemorativos desta xornada deportiva.