Ir o contido principal

O programa conmemorativo do Ano Darwin trae a Lugo unha conferencia sobre a historia da vida

As actividades do programa da USC ‘Darwin e a súa evolución: 2009 Ano Darwin’ continúan no Campus de Lugo coa proxección da conferencia ‘Fósiles, cultura e historia da vida’, que o profesor José Luís Sanz, da Unidade de Paleontoloxía da Facultade de Ciencias da Universidade Autónoma de Madrid e Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, impartiu a finais de outubro no campus compostelán.
A gravación desta conferencia poderase ver este xoves 5, a partires das 16:00 horas, na Escola Universitaria de Formación do Profesorado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.11.2009.