Ir o contido principal

O Programa de Excelencia Internacional 2010 do Ministerio de Educación concedeu á USC axudas por valor de 450.000 euros

Campus Vida, o Campus de Excelencia Internacional da USC acada novas subevencións do ministerio por valor de 450.000 euros
Campus Vida, o Campus de Excelencia Internacional da USC acada novas subevencións do ministerio por valor de 450.000 euros

O Campus de Excelencia Internacional da USC acaba de obter tres novas subvencións por un importe de 450.000 euros na convocatoria do Ministerio de Educación correspondente a 2010, concretamente no apartado relativo ao Subprograma de Fortalecemento. No eido de políticas e actuacións dedicadas á atracción do talento así como o seu fomento mediante políticas internas de estímulo, a USC recibirá 100.000 euros, sendo un dos catro proxectos valorados como excelentes. Outro dos eidos nos que o Campus de Excelencia compostelán obtén financiamento é no relativo á adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (desenvolvemento de estratexias de internacionalización), para o que a convocatoria ministerial lle concedeu 300.000 euros. Finalmente, tamén recibirá 50.000 euros para garantir a accesibilidade universal a persoas con discapacidade na construción e rehabilitación de aloxamentos universitarios. A Fundación Once será a responsable de financiar esta liña de intervención da convocatoria. Campus do Mar "Knowledge in depth" Nesta edición, un total de 14 proxectos pasaron á segunda fase do Subprograma de Excelencia que agora deberán ser avaliados por unha comisión internacional. A USC está presente no proxecto Campus do Mar ‘Knowledge in depth’ que lidera a Universidade de Vigo e no que tamén está agregada a Universidade da Coruña.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.07.2010.