Ir o contido principal

O Programa ‘Ocioteca LucUSC’ presenta a súa oferta socieducativa e de lecer para a Semana Santa

As actividades van dirixidas a nenos e nenas de 3 a 12 anos e inclúen obradoiros, dinámicas musicais e xogos de presentación, predeportivos ou de cooperación

O Programa ‘Ocioteca LucUSC’, organizado pola Fundación USC Deportiva en colaboración co Concello de Lugo, presenta o luns 12 ás 12.15 horas, no salón de plenos do Concello, a súa proposta socioeducativa e de lecer para a Semana Santa. O programa desenvolverase os días 2, 3, 4 e 9 de abril, en horario de 9.00 a 14.00 horas ou de 9.00 a 15.00. As actividades, que se levarán a cabo no edificio da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, e inclúen, entre outras, obradoiros, dinámicas musicais e xogos de presentación, predeportivos e de cooperación. Coa creación desta actividade búscase que as familias poidan conciliar a vida familiar coa laboral durante as vacacións de Semana Santa. As inscricións, ata un máximo de 24 participantes, poden realizarse de maneira presencial (na sede da Fundación USC Deportiva), por correo ordinario ou a través de internet. No acto intervirán o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude do Concello de Lugo, Carmen Basadre; e o xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida Otero.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.03.2012.