Ir o contido principal

A programación de cursos de verán analiza o estado actual dos estudos medioambientais en Galicia

Expertos en diferentes eidos abordarán o estado actual dos estudos medio ambientais en Galicia, ao longo das xornadas que integran o curso de verán ‘Galicia e o medio ambiente. Unha visión interdisciplinar’, e que se vai celebrar entre os días 20 e 23 de xullo.
Cun enfoque multidisciplinar, o curso abranguerá dende a presentación do Proxecto de Educación Mediambiental ‘Climántica’ ata a análise do problema do cambio climático e a súa influencia na comunidade autónoma. Tamén se prestará atención á lexislación medioambiental actual e á xestión e solución da contaminación dos diversos compartimentos medio ambientais (solos, augas, atmosfera) así como á xestión e tratamento de residuos urbanos e industriais e ao uso de novas enerxías alternativas como os bioconmbustibles ou a enerxía eólica.
Cunha carga lectiva de 30 horas dirixen esta proposta formativa estivan José M. Vila Abad e Susana López Estévez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.06.2009.