Ir o contido principal

A promoción 1947-1952 da Licenciatura de Dereito da USC celebra este venres as súas vodas de ouro

A promoción 1952-1957 da Licenciatura de Dereito da Universidade de Santiago celebrará este venres, día 28, as súas vodas de ouro cun acto académico no que participará como madriña a profesora de Dereito Público Especial, Milagros Otero Parga.
A cerimonia, que comezará ás 11:00 horas cunha xuntanza na Praza da Quintana, contará tamén coa presenza dos catedráticos da USC Carlos Fernández Novoa e Manuel Fernández Areal.
A continuación, o grupo asistirá ás 12:00 horas a unha misa na Catedral e despois trasladarase ao Recanto da Saudade, situado no Campus Sur, onde descubrirase unha placa conmemorativa do acto, doada pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.09.2007.