Ir o contido principal

A promoción 1955-1962 de Medicina celebra as súas vodas de ouro

O alumnado da promoción 1955-1962 de Medicina da USC volverase reunir este venres 18 para celebrar as súas vodas de ouro académicas. A xornada comezará cunha fotografía de grupo ás 10.00 horas na Facultade de Medicina. A continuación terá lugar o acto propiamente académico no que, presidido polo reitor Juan Casares Long, intervirán en representación do alumnado da promoción Rafael Tojo Sierra e Aurora Nestal Álvarez e en representación do profesorado José Peña Guitián. Tomará na palabra tamén o vicedecando do centro, Víctor M. Arce Vázquez, e o vicepresidente da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Ángel Álvarez Prechous. Xa pola tarde acudirán ao Recanto da Saudade (fronte ao Sanatorio da Esperanza, no Campus Vida) onde se colocará unha placa conmemorativa. A xornada rematará cunha visita guiada á Cidade de Cultura.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.05.2012.