A promoción 1979-1984 de Ciencias Químicas celebra este sábado as súas Vodas de Prata
A promoción 1979-1984 de Ciencias Químicas da Universidade de Santiago celebra este sábado, 3 de outubro, as súas Vodas de Prata nun acto que preside o reitor Senén Barro.
O programa de actividades comezará ás 11:30 horas na Aula Magna da Facultade e nel intervirán o decano Ramón J. Estévez Cabanas; o presidente da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Perfecto Yebra Martul-Ortega; e Vicente Moret Bodillo e Luis Castedo Expósito, representantes dos alumnos e profesores, respectivamente.
Unha hora máis tarde está prevista a colocación dunha placa conmemorativa no Recanto da Saudade, no Campus Sur, para logo realizar unha visita ao patrimonio histórico da USC. O evento rematará cun xantar no Colexio de Fonseca.