Ir o contido principal

A promoción 1981-1987 de Medicina conmemora as vodas de prata da súa licenciatura

A promoción 1981-1987 de Medicina conmemora este sábado 16 o seu retorno ás aulas de Compostela a través dun acto académico co gallo das Vodas de Prata da súa licenciatura. A xornada comezará as 17.30 horas na Aula Magna da Facultade de Medicina nunha sesión que presidirá o Comisionado para Ciencias da Saúde, Manual Macía Cortiñas. Roque Devesa e Marta Taboada tomarán a palabra en representación dos integrantes da promoción e o profesor José Carro en representación do cadro docente. O decano da Facultade, Juan Gestal, e o presidente da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Ángel Álvarez Prechous concluirán esta sesión protocolaria. O grupo dirixirase posteriormente á Catedral onde asistirán a unha misa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.06.2012.