Ir o contido principal

A promoción 1983-1989 da Licenciatura en Medicina conmemora as súas vodas de prata

A promoción 1983-1989 da Licenciatura en Medicina conmemora este ano as súas vodas de prata nunha xornada que arrancará este sábado 11 ás 12.30 horas no Recanto da Saudade (Campus Vida) onde se descubrirá unha placa conmemorativa. A partir das 13.15, na Facultade de Medicina, celebrarase un acto académico no Salón de Actos deste centro presidido polo decano Juan Gestal Otero. Intervirán en representación do alumnado da promoción Susana García Mayo e Óscar Vila Nieto, e por parte do profesorado Ángel Carracedo Álvarez, así como o presidente da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Ángel Álvarez Prechous.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.10.2014.