A promoción 1986-1991 de Física celebra as súas vodas de prata
A promoción 1986-1991 de Física festexarán este venres 17 a súa volta ás aulas de Compostela nun acto que terá lugar na propia facultade a partir das 19.30 horas organizado por Jorge Mira Pérez, José M. Pardo López, Alberto Pérez Muñuzuri e Juan José Saborido Silva.
Nestas vodas de prata estarán presentes os antigos decanos da súa época de estudantes, José Rivas Rey e Vicente Pérez Villar. Logo do acto, as persoas asistentes reuniranse ás 20.30 horas no Recanto da Saudade (Campus Vida) onde descubrirán unha placa conmemorativa.