Ir o contido principal

A segunda promoción de Enxeñaría Agronómica titulada na EPS de Enxeñaría da USC celebra a súas vodas de prata este sábado

Os actos comezarán a mediodía coa colocación dunha placa no Recanto da Saudade para logo celebrar unha sesión académica no centro universitario do campus lugués

A segunda promoción de Enxeñaría Agronómica formada nas aulas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC celebrará este sábado, a partir das 12.00 horas, un acto conmemorativo co gallo das dúas vodas de prata.

O programa das actividades previstas comezará a mediodía coa colocación dun placa no Recanto da Saudade, o monolito colocado nas inmediacións do campus lugués, para, de seguido, facer unha fotografía de grupo nos accesos da entrada principal da EPS de Enxeñaría, onde tamén se desenvolverá unha sesión académica.

A secretaria académica da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, Montserrat Valcárcel, dará a benvida a todos os enxeñeiros e enxeñeiras que tomen parte neste acto, no que intervirán como relatores Ricardo Vázquez, como representante do alumnado desta promoción; Josefina Hernández, en representación do profesorado, e María Julia Melgar Riol, como vogal de Alumni USC. Ao remate deste acto, alumnos e profesores da promoción de Enxeñaría Agronómica 1989-1992 compartirán un almorzo de confraternidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.10.2017.