Ir o contido principal

Nova promoción de graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos na escola universitaria de Lugo

O maxistrado do TSXG e presidente da Sala do Social, Antonio J. Outeiriño Fuente, apadriñará este venres os 37 novos titulados nun acto que comezará ás 19.30 horas

O salón de actos da Escola Universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo acollerá este venres 14 de xuño, a partir das 19.30 horas, o acto de graduación dos 37 novos titulados da terceira promoción de graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos que completaron a súa formación no centro universitario lugués.

O maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e presidente da Sala do Social, Antonio J. Outeiriño Fuente, que actuará como padriño desta nova promoción de titulados, ofrecerá tamén un relatorio no marco desta celebración académica, na que os 37 novos titulados/a da terceira promoción de graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos recibirán cadanseu diploma e as correspondentes insignias.

A Fundación Campus Universitario de Lugo, que estará representada polo seu vicepresidente, Mario Outeiro Iglesias, e o Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo farán tamén un recoñecemento á titulada co mellor expediente da segunda promoción de graduados no centro, no transcurso deste acto institucional, no que tamén participará o vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.06.2013.