Ir o contido principal

A promoción do libro universitario será o eixo central do I Foro Editorial de Estudos Hispánico e Americanistas

Abrir un espazo de relación entre académicos e estudantes de España e América Latina e promover o libro universitario como vehículo de transmisión de coñecementos así como edición de prestixio académico e científico. Orientado a estes fins, organizarase o próximo mes de abril, entre os días 21 e 23 na Universidade Jaume I de Castellón, o I Foro Editorial de Estudos Hispánico e Americanistas.
O encontro, que o organizan a Unión de Editoriales Universitarias Españolas e o Instituto Cervantes, contará con comunicacións de España, Italia, Francia, Inglaterra, Brasil, Chile, Arxentina, Colombia, Guatemala, República Dominicana, México, Estados Unidos, Irán e Arabia Saudí. Os investigadores centrarán as súas intervencións arredor dos tres eixos temáticos que abordará o encontro, Historia; Lingua e Literatura; e Política, cultura e comunicación de España e América.
En paralelo ao congreso, vaise realizar o I Salón do Libro Universitario UNE, reunindo as principais novidades bibliográficas das editoriais universitarias españolas e latinoamericanas no campo das ciencias humanas e sociais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.03.2010.