Ir o contido principal

A Protectora entrega á Fundación Rof Codina unha placa polo traballo de apoio realizado nos últimos 25 anos

A Fundación Rof Codina descubriu este xoves no Hospital Clínico Veterinario unha placa concedida pola Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo, con motivo da celebración do 25 aniversario da creación deste colectivo.

No acto estiveron presentes por parte da Universidade o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; o xerente do hospital, Luis Felipe de la Cruz Palomino; a directora veterinaria, María Luisa Suárez Rey, e a vicedecana da Facultade, María Ángeles Moreno. Por parte da Protectora estivo o seu presidente, Javier García Calleja. Ademais, asistiron distintos representantes institucionais como a concelleira de Servizos Xerais do Concello de Lugo, Luisa Zarzuela; o delegado de Medio Ambiente da Deputación Provincial, Ricardo Parada, e o delegado da Consellaría de Medio Ambiente, Eduardo Vidal, entre outros.

Con esta placa, que estará colocada á entrada do hospital, a Protectora quere agradecer a colaboración prestada durante estes anos na atención aos animais recollidos das rúas da cidade de Lugo e coidados nas instalacións que ten esta institución.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2008.