Ir o contido principal

O proxecto campUSCulturae propón nunha exposición en Fonseca unha reflexión sobre o coleccionismo cultural

‘Enclave diversa. Coleccionado mundos de ficción’ é o título da exposición que a partir deste xoves 12 se poderá visitar no Colexio de Fonseca sobre o coleccionismo cultural e os distintos enfoques e motivacións que teñen as persoas que coleccionan “cando deciden habitar mundos determinados e dotalos dun contido propio”. Esta é unha iniciativa organizada polo proxecto europeo campUSCulturae. A inauguración desta exposición desenvolverase no propio Colexio de Fonseca nun acto ás 19.30 horas que presidirá o reitor Juan Casares e ao que está prevista a asistencia ademais do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xeús Vázquez; e do coordinador de campUSCulturae, Xosé A. Neira Cruz. Tamén estarán presentes Hakan Casares, da Fundación Carlos Casares; Fátima García Doval, Álvaro Gutiérrez Baños e Pedro Rey, en representación das catro coleccións expostas. A mostra inclúe as coleccións ‘Ortega-Gutiérrez Baños’ de libros despregables; ‘O Principiño’, mundos e modos; Tintín, a evolución da personaxe a través do texto e do contexto de Hergé; e a dedicada ás marabillas do mundo de Alicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.09.2013.