O proxecto DIPS abordará o deseño urbano de espazos públicos inclusivos e propicios para a cohesión social

O espazo público e o deseño urbano de espazos públicos inclusivos e propicios para a cohesión social –sobre todo nas cidades de América Latina– serán os temas que centren o proxecto DIPS (Master’s Degree in the Design of Inclusive Public Space). Cunha duración de 36 meses, o consorcio estará coordinado a escala internacional por María José Piñeira Mantiñán, profesora do Departamento de Xeografía e Investigadora do grupo Análise Territorial do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega). O proxecto foi concedido no marco do ERASMUS-EDU-2025-CBHE-STRAND-2 — Capacity building in the field of higher education Strand 2, e ten un orzamento próximo ao millón de euros.
En DIPS participan 33 persoas, entre as que se inclúe persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela, Aristotle University of Thessaloniki (Grecia), Universidad Estatal Península de Santa Elena y Universidad del Azuay (Ecuador), Universidad Nacional de Itapúa e Universidad Nacional de Asunción (Paraguay), Universidad Nacional del Sur, la Universidad Nacional de Rosario y el IDES-Instituto de Desarrollo Económico y Social (Argentina), así coma membros de Four ELEMENTS –organización non gubernamental centrada na educación e que presta especial atención a grupos vulnerables e mocidade–, e o NOVEL Group -consultaría informática con sede en Luxemburgo. O proxecto engádese a outros obtidos en convocatorias competitivas da UE polo grupo ANTE e polo o IDEGA.