Ir o contido principal

O proxecto europeo ICT-Go-Girls no que participa a USC presenta os seus resultados a vindeira semana en Amberes

O proxecto europeo ICT-Go-Girls no que participa a USC presenta os seus resultados a vindeira semana en Amberes
O proxecto europeo ICT-Go-Girls no que participa a USC presenta os seus resultados a vindeira semana en Amberes

O Grupo de Investigación de Tecnoloxía Educativa do departamento de Didáctica e Organización Escolar da USC, baixo a coordinación do CESGA, forma parte do consorcio do proxecto europeo ICT-Go-Girls para capacitar as nenas do ensino secundario cos coñecementos, habilidades e valores que as axuden a ser capaces de crear oportunidades futuras para a innovación e calidade das TIC relacionadas co emprego. O proxecto difundirá os seus resultados o vindeiro día 15 en Amberes, nunha sesión aberta e gratuíta que poderá seguirse en liña. As persoas interesadas poderán asistir así a diversas conferencias que expliquen a brecha de xénero existente no sector das TIC en Europa e as súas posibilidades laborais, o emprendemento con TIC como un ámbito estratéxico para a Unión Europea e as diferentes iniciativas europeas entre as que se atopa o Proxecto ICT-Go-Girls!. Ademais, ese día desenvolveranse diversas sesións con estratexias prácticas, actividades educativas e ferramentas de utilidade para promover o espírito emprendedor con TIC das alumnas de secundaria. Para máis información poden poñerse en contacto coas profesoras beatriz.cebreiro [at] usc.es (Beatriz Cebreiro) e carmen.morante [at] usc.es (Carmen Morante).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.10.2014.