Ir o contido principal

O proxecto Opere, que organizou en GENERA unha xornada técnica, premiado polo Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia

O proxecto Opere, que organizou en GENERA unha xornada técnica, premiado polo Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia
O proxecto Opere, que organizou en GENERA unha xornada técnica, premiado polo Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia

O proxecto OPERE da USC e Energylab organizou este venres en Madrid a xornada técnica ‘O Sector Público como dinamizador da eficiencia enerxética en edificios de usos terciarios’ . A actividade realízase no marco da Feira Internacional de Enerxía e Medio Ambiente (GENERA), a máis importante do mundo que mostra os últimos avances dos sectores de enerxías renovables e eficiencia enerxética.

O Proxecto Opere, que dirixe o profesor da USC Juan Arias Rodríguez, xurdiu hai catro anos coa intención de implantar sistemas de xestión eficiente en redes enerxéticas, tanto térmicas como eléctricas, en complexos existentes con grandes consumos para así diminuir o seu impacto medioambiental. Mediante a implantación dun proxecto de xestión enerxética nalgunhas das grandes instalacións que a USC posúe en Campus Vida os seus investigadores pretenden demostrar a súa viabilidade.

Na xornada houbo un espazo para as universidades, no que xestores enerxéticos e responsables de infraestruturas comentaron a implantación de sistemas de xestión enerxética así como os procesos de compra pública de subministros. É neste contexto no que técnicos da USC e de Energylab presentaron a implantación de medidas de xestión eficiente na USC a través do proxecto OPERE.

Participaron tamén responsables das agencias de enerxía e vivenda das Comunidades Autónomas de Cataluña e Valencia, que mostrarán os proxectos e plans desenvolvidos no ámbito da aplicación de medidas de eficiencia enerxética no seu parque de edificios. A xornada pechouse coa presentación dos distintos programas de financiamento de proxectos no ámbito enerxético dirixidos ao sector público.

Premio ao mellor proxecto
Precisamente este venres o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia acaba de concederlle o premio Galicia Enerxía ao mellor proxecto de eficiencia enerxética á iniciativa Efficient Management of Energy Networks de Opere, que consiste na modelización de consumos do edificio da Residencia Universitaria Monte da Condesa da USC e a aplicación das medidas para diminuílos, como foron a modificación da sala de caldeiras, a incorporación de acumulador de inercia e o cambio de combustible orixinal (gasóleo) por gas natural.

O traballo deu como resultados, como destaca o propio Colexio na concesión do premio, unha redución dun 30% de consumos enerxéticos, dun 35% das emisións de CO 2 e a obtención dun aforro económico da orde do 35% anual.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.03.2017.