Ir o contido principal

O proxecto da USC ‘Galicia Mundi’ recibe o apoio da Delegación da Xunta en Bos Aires para o seu traballo sobre as sociedades galegas no exterior

O proxecto da USC ‘Galicia Mundi’ recibe o apoio da Delegación da Xunta en Bos Aires para o seu traballo sobre as sociedades galegas no exterior
O proxecto da USC ‘Galicia Mundi’ recibe o apoio da Delegación da Xunta en Bos Aires para o seu traballo sobre as sociedades galegas no exterior

O proxecto de investigación ‘Galicia Mundi’ da USC, que estuda a actualidade e prospectiva do asociacionismo galego no exterior, contará coa colaboración da delegación da Xunta en Bos Aires. Así llo puxo de manifesto o delegado da administración autonómica Alejandro López Dobarro aos integrantes do proxecto, os profesores Vicente Peña e Antonio Rodríguez, nun encontro celebrado na capital arxentina. Realizado polo grupo de investigación Terceira Xeración, ‘Galicia Mundi’ examina a situación que atravesan as sociedades galegas no exterior e as iniciativas que estas entidades proxectan cara ao futuro. A investigación tamén se orienta ao servizo que prestan á comunidade na que se desenvolven e a súa colaboración co mantemento da idiosincrasia de Galicia, con especial interese nos ámbitos educativos, social e cultural. Os profesores Peña Saavedra e Rodríguez Martínez presentáronlle a Alejandro López os trazos fundamentais da investigación e solicitaron colaboración para o contacto cos centros galegos tanto na cidade de Bos Aires como do interior do país. Galicia Mundi Para conseguir os seus obxectivos Galicia Mundi está a realizar un amplo traballo de campo mediante enquisas entre os mozos e mozas e os adultos e adultas das sociedades galegas na emigración. Xunto a Bos Aires, están previstos traballos en Lisboa, Sevilla, Montevideo, París, Bruxelas, Londres, Xenebra e Frankfurt, ademais de localizacións nos polos de emigración galega no Estado Español. As investigacións nos centros galegos complementaranse con entrevistas a directivos de entidades da emigración, personalidades relevantes da cultura, dos partidos políticos e de entidades xuvenís de ámbito galego no exterior.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.11.2011.