Ir o contido principal

A próxima semana ten lugar a III Xornada Universitaria Galega en Xénero

A próxima semana ten lugar a III Xornada Universitaria Galega en Xénero
A próxima semana ten lugar a III Xornada Universitaria Galega en Xénero

As oficinas de igualdade das tres universidades galegas organizan o día 5 de xuño en Pontevedra a Xornada Universitaria Galega en Xénero (XUGeX) baixo o lema ‘Trazos de xénero no século XXI’. O prazo para inscribirse de maneira gratuíta rematará o vindeiro luns 1 de xuño. Esta terceira edición achégase dende unha perspectiva crítica e multidisciplinar aos retos que se formulan nos estudos de xénero e nos feminismos do século XXI. En concreto, abordaranse tres eixos temáticos coordinados por cada unha das universiaddes: Xénero e desenvolvemento sostible (Universidade de Vigo), Corpos e corporalidades en crise (UDC) e Violencia de xénero: persistencia e novas formas (USC). A conferencia inaugural leva por título ‘O camiño da igualdade de xénero no proceso internacional do cambio climático’ e correrá a cargo da especialista en medio ambiente e cambio climático do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), Verania Chao Rebolledo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.05.2015.