Ir o contido principal

A próxima semana remata o prazo para inscribirse no curso de cultura e literatura española a través do cine

O Centro de Linguas Modernas da USC pecha o vindeiro mércores 21 o prazo para matricularse nun curso de español para estranxeiros sobre cultura e literatura española a través do cine. O curso, cun total de 100 horas que poden ser recoñecidas por un mínimo de 4 créditos ECTS ou 2.5 de libre configuración pola USC, impartirase ata o 12 de xuño en dúas sesións de dúas horas á semana botando man de material audiovisual e de lectura.

Para matricularse nel non é necesaria unha proba de nivelación pero si uns coñecementos mínimos de español (nivel 3, A2.2).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.03.2012.