Publicada a primeira listaxe de persoas admitidas, en agarda e excluídas para mestrado universitario

O prazo de matrícula e confirmación de listas de agarda esténdese entre o 30 de xullo e o 1 de agosto
Xa pode consultarse a primeira listaxe de persoas admitidas, en agarda e excluídas para mestrado universitario. O estado das solicitudes pode consultarse a través da secretaría virtual, estendéndose o prazo de matrícula e confirmación de listas de agarda entre o 30 de xullo e o 1 agosto.
Unha vez dentro da Secretaría Virtual, as persoas usuarias deberán acceder ao apartado Máster ou Máster Profesorado dentro das opcións do bloque de admisión para confirmar o seu desexo de continuar en lista de agarda ou para realizar a matrícula no mestrado que foron convocados.