Publicada a proclamación provisional de candidaturas ao Claustro Universitario

A USC acaba de publicar a proclamación provisional de candidatos e candidatas electos/as nas eleccións de representantes no Claustro Universitario. Entre os días 2 e 7 de maio estenderase o prazo para a presentación de reclamacións. A proclamación definitiva de candidatos/as publicarase entre os días 7 e 12 de maio. Xunto coa elección do reitor, nas votacións do pasado 25 de abril a comunidade universitaria elixiu aos seus representantes no Claustro, que integran un total de 300 persoas en representación do profesorado doutor con vinculación permanente (153 representantes), restantes categorías do Persoal Docente e Investigador (33), alumnado matriculado en titulacións oficiais e propias (84) e Persoal de Administración e Servizos (30). Eleccións a reitor
Polo que respecta ás eleccións a reitor, o prazo para a presentación de reclamacións remata o día 5, o que dará paso á proclamación definitiva do reitor electo entre os días 6 e 8 de maio.