Publicada a proclamación provisional de candidaturas electas na elección de representantes de estudantes nas xuntas de centro

A información relativa aos procesos en Filosofía e Óptica e Optometría xa está dispoñible na páxina web das eleccións
Santiago de Compostela
As facultades de Filosofía e Óptica e Optometría celebraron o pasado mércores eleccións de representantes do estudantado de grao e mestrado nas Xuntas de Centro. A proclamación provisional de candidaturas electas xa pode consultarse na web das eleccións.
A votación efectuouse en liña só nestes centros xa que o número de candidaturas superou os postos elixibles.