Ir o contido principal

Publicada a resolución provisional de solicitudes admitidas nas axudas para a manutención

A convocatoria de axudas ten por obxecto sufragar parcialmente os gastos de alimentación mediante a emisión de bonos de comedor. Imaxe de arquivo dun comedor universitario. FOTO: Santi Alvite
A convocatoria de axudas ten por obxecto sufragar parcialmente os gastos de alimentación mediante a emisión de bonos de comedor. Imaxe de arquivo dun comedor universitario. FOTO: Santi Alvite
As persoas excluídas poderán presentar as súas alegacións ou documentación requirida ata as 24.00 horas do día 22 de novembro de 2022
Lugo, Santiago de Compostela

Ata as 24.00 horas do martes, 22 de novembro, poderán presentarse as alegacións ou documentación requirida no marco da resolución provisional de solicitudes admitidas e excluídas das Axudas para a manutención durante o curso 2022/2023, xa publicada no taboleiro electrónico da USC. As devanditas alegacións poden formalizarse premendo nesta ligazón.

A USC convocou no mes de setembro, por terceiro curso consecutivo, as axudas de manutención dirixidas ao alumnado. Iniciadas no marco da crise económica derivada da COVID-19, estas axudas teñen como obxectivo atender aquelas solicitudes que se presenten por parte dos e das estudantes cunha situación económica, social ou familiar que poida influír negativamente na continuidade deses estudos universitarios. Neste senso, a convocatoria destaca que este tipo de accións “continúan sendo necesarias, tendo en conta a crise económica derivada da escala de prezos logo da invasión de Ucraína, e que está afectando ao consumo de produtos básicos”.

A convocatoria de axudas ten por obxecto sufragar parcialmente os gastos de alimentación mediante a emisión de bonos de comedor intercambiables por un menú diario na franxa horaria do mediodía, nos días e períodos lectivos segundo o calendario escolar do curso 2022/2023. Con esta finalidade emitiranse 185 bonos de 100 consumos e 115 bonos de 60 consumos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.11.2022.