Ir o contido principal

Publicados no repositorio da USC os relatorios do II Congreso Interuniversitario de Mantemento Sustentable e Eficiencia Enerxética

Os relatorios presentados no II Congreso Interuniversitario de Mantemento Sustentable e Eficiencia Enerxética desenvolvido a comezos de febreiro en Santiago poden xa consultarse en liña a través do repositorio da USC. A publicación, que fai o número 214 da serie Cursos e Congresos da Universidade de Santiago de Compostela, recolle as intervencións das persoas responsables e xestoras enerxéticas das diferentes universidades de España que asistiron. O desafíos ambientais do século XXI pasan por unha xestión eficiente dos recursos naturais, en especial os enerxéticos. No caso dos edificios universitarios esta explotación enerxética concéntrase na busca da excelencia na xestión das instalacións, entendendo como tales as eléctricas, calefacción, aire acondicionado, enerxías renovables ou produción de enerxía mediante coxeneración.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.03.2012.