Ir o contido principal

O ránking Times Higher Education subliña a excelencia da USC en dez eidos de coñecemento

Esta listaxe está elaborada en base a trece indicadores de rendemento estruturados en cinco áreas. FOTO: Santi Alvite
Esta listaxe está elaborada en base a trece indicadores de rendemento estruturados en cinco áreas. FOTO: Santi Alvite
Esta clasificación está integrada por 1.512 institucións académicas de todo o mundo
Lugo, Santiago de Compostela

A USC destaca en Artes e Humanidades, Economía e Empresas, Ciencias da Saúde, Ciencias Computacionais, Educación, Enxeñaría, Ciencias da Vida, Ciencias Físicas, Psicoloxía e Ciencias Sociais, tal e como constata o ránking Times Higher Education por materias. A edición 2021 desta clasificación que acaba de ver a luz está integrada por 1.512 institucións académicas de todo o mundo.

Esta listaxe está elaborada en base a trece indicadores de rendemento estruturados en cinco áreas: docencia, investigación, citacións, proxección internacional e transferencia de coñecemento. En Educación, a USC ocupa o intervalo 301-400; o 401-500, en Artes e Humanidades, e Psicoloxía; mentres que o 501-600 é o chanzo no que se sitúan os eidos relativos a Economía e Empresas, así como Ciencias da Saúde, Ciencias Físicas e Ciencias da Vida. As Ciencias Sociais sitúanse na posición 601+, mentres que Ciencias Computacionais e Enxeñarías ocupan o intervalo 601-800.

Intervalo 801-1000

Xa no mes de setembro, a clasificación xeral de universidades que tamén elabora Times Higher Education, situou á USC no intervalo 801-1000 de entre as mellores universidades do mundo logo de analizar 1527 institucións pertencentes a 93 países. Nesta listaxe aparecían un total de 50 institucións españolas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.10.2020.