Raquel Casal e Silvia González presentan un estudo sobre os balnearios galegos
A profesora Raquel Casal García e a investigadora Silvia González Soutelo presentan este mércores 27 o libro Balnearios de Galicia. Orixe e desenvolvemento editado, dentro da «Serie Galicia» da Biblioteca de Divulgación, polo Servizo de Publicacións da USC e coa colaboración da Asocación de Balnearios de Galicia. Nel achégase a historia e evolución dos balnearios en Galicia revisitando as súas orixes e convertendo o lector en testemuña do seu desenvolvemento e progresión ata a actualidade. Prologado polo director da Cátedra de Hidroloxía Médica da USC, Juan Gestal Otero, o volume presentarase ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca nun acto no que participarán, ademais das autoras, o vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, Javier Garbayo. Asisten tamén o director da Cátedra de Hidroloxía Médica, Juan J. Gestal Otero; o xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor, e o director do Servizo de Publicacións, Juan L. Blanco Valdés.