Ir o contido principal

A Real Academia Galega de Ciencias premia dous traballos científicos da USC

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) fixo público este martes o ditame dos seus XXV Premios de Investigación Ernesto Viéitez que concede cada ano e que nesta ocasión recoñece o esforzo investigador dun equipo de matemáticos da USC e dunha investigadora química.

Se ben os premios recaeron nun grupo do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC por un traballo sobre o anisakis e na investigadora do IDIS de Santiago Silvia Barja, dada a calidade das propostas presentadas o xurado decidiu sumar este ano a mención honorífica a un estudo sobre a función de Green realizada polos matemáticos da USC Alberto Cabada e Lorena Saavedra.

Tamén na modalidade de novos investigadores outorgouse unha mención honorífica á química do Centro Singular de Investigación en Química Bioloxía e Materiais Moleculares (CIQUS) Jessica Rodríguez por un traballo de recoñecemento selectivo de longas secuencias de ADN con construcións peptídicas multicompoñentes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.12.2016.