Reanuda a súa actividade o ciclo de debates ‘Chuvia de Ideas’
‘A animación infantil para pais e educadores’ é o tema da xornada co que a Unidade de Atención Temperá reanudará o próximo 6 de novembro o ciclo de debates ‘Chuvia de ideas’. Esta nova sesión impartiraa a psicopedagoga Leticia López Castro a partir das 20.00 horas nas instalacións da Unidade. Aínda que con carácter gratuíto, as persoas interesadas, entre as que se fomentará o debate e o intercambio de ideas, deberán enviar un correo electrónico a mjosecarmen.buceta [at] usc.es (mjosecarmen[dot]buceta[at]usc[dot]es) para realizar a inscrición.
Os seguintes temas a abordar neste ciclo de debates serán ‘Meu fillo é un tirano, que fago?’, o día 27 de novembro da man de José Luis Pedreira Massa, do Hospital Niño Jesús de Madrid, mentres que o 18 de decembro o profesor da USC Santiago Brage disertará sobre sectas.
Aberta a caixa de suxestións
Co obxecto de seguir dándolle corpo á programación de Choivas de Ideas, a Unidade de Atención Temperá da USC abre unha caixa de suxestións para que tanto pais e nais como persoas interesadas envíen as súas propostas de temas a tratar, como base para os debates que se celebrarán entre xaneiro e maio de 2016. Quen estea interesado en achegas a súa proposta deberá facelo a través da web da Unidade ou enviando un correo a mjosecarmen.buceta [at] usc.es (mjosecarmen[dot]buceta[at]usc[dot]es).
Con estas sesións de charlas informativas, a Unidade de Atención Temperá retoma un ciclo de debates que arrancaba hai un ano e no que se trataron temas como as adopcións internacionais, os nenos roubados ou a nutrición infantil, entre outros asuntos.