Ir o contido principal

Recepción no campus de Lugo do coordinador de investigación do Instituto Tecnolóxico Agropecuario de Arxentina

Peña, Bueno, Barreiro e Cancela, na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo
Peña, Bueno, Barreiro e Cancela, na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo
Os vicerreitores da USC Javier Bueno e Andrés Barreiro analizan con Jorge Pérez Peña liñas de traballo obxecto de futuras colaboracións entre o Campus Terra e o INTA

O coordinador de investigación do Instituto Nacional de Tecnoloxía Agropecuaria (INTA), Jorge Pérez Peña ‘Pata’, mantivo este venres unha reunión cos vicerreitores de Coordinación e Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Javier Bueno e Andrés Barreiro, respectivamente, no marco da que estudaron as posibilidade de establecer futuras colaboracións entre o INTA e o Campus Terra da USC. O INTA, un organismo estatal dependente do Ministerio de Agroindustria de Arxentina, desenvolve accións de investigación e innovación tecnolóxica orientadas a mellorar a competencia e o desenvolvemento sustentable do país, uns obxectivos que comparte do Campus Terra da USC, tal e como se puxo de manifesto no marco deste encontro. Outro dos factores que favorece as futuras colaboracións entre o INTA e o Campus Terra da USC atinxe á pertenza deste organismo público arxentino no presenza do INTA á Asociación Agropolis Internacional, con sede no campus mundial das ciencias verdes de Montpellier, unha universidade francesa coa que tamén coopera a USC en cuestións ligadas ao Campus Terra. A recepción ofrecida polos vicerreitores de Coordinación e de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo da USC ao coordinador de investigación do Instituto Nacional de Tecnoloxía Agropecuaria (INTA), Jorge Pérez Peña, produciuse co gallo da participación deste enxeñeiro agrónomo como membro do tribunal encargado de avaliar unha tese de doutoramento desenvolvida na Escola Politécnica Superior por Emiliano Trigo Córdoba baixo a dirección dos profesores José Manuel Mirás Avalos, Javier José Cancela Barrio e Ignacio Orriols Fernández.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.03.2016.