Ir o contido principal

Reclutando novas conciencias científicas

Este xoves remataron os Campus Científicos de Verán 2014 (Foto: SERVIMAV-USC)
Este xoves remataron os Campus Científicos de Verán 2014 (Foto: SERVIMAV-USC)

Durante todo este mes de xullo máis dun cento de estudantes de ESO e Bachiller de toda España sacrificaron parte das súas vacacións estivais para participar nas actividades que a USC propoñía no marco dos V Campus Científicos de Verán coordinados polo Programa A Ponte. Tratar augas residuais, buscar partículas enerxéticas no Universo, elaborar hidroxeles intelixentes ou emular as personaxes da serie televisiva CSI botando man das matemáticas; catro proxectos que espertaron o interese dos rapaces e rapazas que logo desta experiencia mirarán a ciencia dende outra perspectiva. E é que diso se trata, de espertar vocacións científicas entre o estudantado máis novo. Un cometido que comparten os docentes Gumersindo Feijoó Costa, Ricardo Vázquez López, Francisco Javier Otero Espinar e Victoria Otero Espinar que, do mesmo xeito que os estudantes, invisten parte do seu tempo estival en maxinar accións divulgativas co suficiente atractivo para enganchar aos rapaces e rapaces na carreira investigadora. E á vista do “entusiasmo” con que cada final de semana presentaban os resultados das súas investigacións semella que “pagou a pena o esforzo”, comentan. Dezaseis universidades Esta iniciativa está organizada polos Ministerios de Educación, Cultura e Deporte e de Economía e Competitividade e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e conta co patrocinio da Obra Social “la Caixa”. Este ano colaboraron 16 universidades españolas con Campus de Excelencia Internacional. Os campus pretenden fomentar a investigación científica de excelencia así como o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica especialmente entre os máis novos. Para iso organízanse actividades encamiñadas a avivar o seu interese tanto polo estudo das ciencias como pola actividade investigadora. O alumnado participantes presenta a final de semana os resultados das investigacións (Foto: SERVIMAV-USC) A USC ofrecía para escoller catro interesantes proxectos (Foto: SERVIMAV-USC) (Foto: SERVIMAV-USC)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.07.2014.