Ir o contido principal

O recoñecemento académico dos programas de voluntariado da USC, seleccionado como boa práctica por Universia 2014

O recoñecemento académico dos programas de voluntariado da USC, seleccionado como boa práctica por Universia 2014
O recoñecemento académico dos programas de voluntariado da USC, seleccionado como boa práctica por Universia 2014

A rede Universia, que agrupa 1.240 universidades de 23 países, seleccionou como boa práctica a xestión do recoñecemento académico dos programas de voluntariado da USC. Prémiase así o traballo do Servizo de Participación e Integración Universitaria, encargado de establecer e coordinar os mecanismos para fomentar o compromiso da institución coa comunidade universitaria en xeral, mediante propostas que favorecen as sinerxías co seu contorno. O Consello de Goberno da USC aprobou en outubro o regulamento para o recoñecemento académico das colaboracións en proxectos de voluntariado, participación social, cooperación e educación para o desenvolvemento. Para conseguir eses créditos académicos deberase realizar o Curso de Formación Básica en Voluntariado, colaboracións semanais en calquera proxecto que ofrece o Servizo, a participación en foros do campus virtual da USC, a elaboración dun par de traballos obrigatorios e unha enquisa de satisfacción final. Con esta práctica vese beneficiado o estudantado, polas habilidades e competencias de carácter transversal que adquiren e que incluso lle pode axudar na súa posterior incorporación laboral, e o persoal docente e investigador, polo complemento formativo que obtén para os seus proxectos académicos e as posibilidades de desenvolver proxectos de investigación-acción con entidades non gobernamentais de interese para o seu ámbito académico. No web de participación do III Encontro Internacional de Reitores que terá lugar en xullo de 2014 en Río de Janeiro (Brasil) pode atoparse esta práctica, “elemento fundamental dos proxectos de responsabilidade social a desenvolver polas Universidades”, opina o seu responsable, Javier Agrafojo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.12.2013.