Ir o contido principal

A recoñecida física Lisa Randall visita a USC esta semana

A profesora da Universidade de Harvard foi elixida por Time como unha das cen figuras máis influentes no eido de ‘Científicos e Pensadores’

Lisa Randall, a primeira muller en ocupar un posto no departamento de física da Universidade de Princeton e tamén a primeira física teórica no MIT e na Universidade de Harvard, atópase esta semana en Santiago para inaugurar os actos de conmemoración dos 100 anos da Teoría Xeral da Relatividade. Randall foi elixida por Time entre as cen figuras máis influentes no eido de ‘Científicos e Pensadores’.

Randall, que pronunciará na noite do mércores no Gaiás unha conferencia titulada ‘Universos ocultos: unha viaxe ás dimensións extras do cosmos’, manterá un encontro cos medios de comunicación ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca no que estará acompañada dos profesores da USC Jorge Mira e Jose Edelstein, coordinadores do evento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.06.2015.