Ir o contido principal

A recoñecida investigadora arxentina Noemí Girbal–Blacha intervén cunha conferencia na Facultade de Historia

A directora do Centro de Estudos da Arxentina Rural (CEAR), Noemí Girbal–Blacha, intervirá este xoves 7 nunha nova actividade organizada polo grupo Histagra. Na súa conferencia, ás 12.00 horas na Aula de Máster do Departamento de Historia Contemporánea e de América, explicará cómo Arxentina pasou de ser ‘o graneiro do mundo’ a un país produtor de soia. Girbal–Blacha, investigadora do Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas de Arxentina, presidiu a Asociación de Historia Económica (1996–2001) desde país e foi nomeada en 2007 doutora honoris causa pola Université de Pau et Pays de l´Adour (Francia).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.03.2013.