A Rede de Centros Singulares de Investigación de Campus Vida organiza un workshop en nanomedicina
A Rede de Centros Singulares de Investigación de Campus Vida da Universidade de Santiago desenvolverá o 10 de decembro na Facultade de Matemáticas un workshop en nanomedicina. O encontro, de rexistro gratuíto, abordará cuestións como a nanoteragnose, os novos biomateriais e o seu comportamento biolóxico, o proceso de desenvolvemento de novas nanomedicinas e a transferencia de coñecemento. Participarán como conferenciantes convidados os profesores Joyce Wong, da Universidade de Boston; Tito Trindade, da de Aveiro; e Mario Barbosa, de Porto-INEB. Os tres estarán acompañados por cinco investigadores da Rede de Centros Singulares de Investigación da USC. O evento rematará cun panel de discusión sobre transferencia e valorización do coñecemento no campo da nanomedicina no que intervirán o fundador de Crossroad Biotech, Enrique Castellón; o director xeral da Fundación Barrié, Javier López; o responsable de Omni Biotech Consulting, Javier García; Tatiana López, de Nanogap; e a profesora Mabel Loza, coordinadora de Biofarma-USEF.