A rede europea de extension forestal Forext.eu debate en Lugo iniciativas a prol do aproveitamento dos bosques
A rede europea de extensión forestal Forext.eu debate esta semana no Campus Terra da USC ideas innovadoras a prol do aproveitamento óptimo dos bosques no vello continente, a fin de poñer en valor a relevancia socioeconómica das superficies forestais e favorecer a mellora da súa rendibilidade, tal e como sinala Rosa Mosquera, que coordina o grupo de investigación Sistemas Agroforestais e Agroecolóxicos, cuxos integrantes, Antonio Rigueiro, Juan Luis Fernández Lorenzo, Nuria Ferreiro e Javier Rodríguez Rigueiro, tamén forman parte desta rede europea de asesoramento ou extensión forestal
A celebración desta reunión de traballo de Forext.eu en na sede universitaria luguesa encádrase no programa rotatorio de xuntanzas que celebra a rede cada dous anos nos distintos países das entidades que a forman, relatou Mosquera, quen, sen embargo, salientou a relevancia de Galicia na contexto forestal europeo. “Galicia é a segunda rexión europea con maior superficie de territorio forestal e produce a metade da madeira de España”, precisou esta investigadora da USC, para logo engadir que os cometidos da rede Forext teñen especial repercusión para a comunidade galega.
Mosquera fixo tamén fincapé na importancia destes foros, nos que participan un bo número de docentes, investigadores e presentantes de asociacións foretais de España e de Europa, como espazo de intercambio de coñecemento e tamén das experiencias que se están a desenvolver nos países cunha actividade forestal máis puxante e con sectores máis densenvolvidos, tal e como é o caso de Alemaña. Asemade, esta investigadora da EPS de Enxeñaría do Campus Terra lembrou que Forext.eu pode actuar tamén como chave para que as institucións europeas concedan máis importancia á cuestión forestal, ademais de para promover e solicitar novos proxectos de I+D con aplicación e incidencia real nos territorios
Alén de lembrar os obxectivos cos que botou a andar esta rede europea, Rosa Mosquera entede que este novo foro sirve de acicate para dar un novo pulo á bioeconomía a través da optimización do aproveitamento dos recursos forestais e da implantación de práticas de xestión sustentable orientadas cara a creación de cadeas de valor e de subministros máis sostibles.
A coordinadora do grupo Sistemas Agroforestais e Agroecolóxicos da USC indicou tamén que a comitiva europea participante neste foro da rede Forext aproveitará a súa estadía na capital luguesa para coñecer de primeira man algunhas das iniciativas postas en marcha por este grupo do Campus Terra da USC no concello de Friol, ata onde se desprazarán este xoves todos os congresistas para ver iniciativas de conservación de superficies forestais con liñas eléctricas con gando cabrún, explotacións forestais con porco celta e cabalos ou sistemas agrofestaris que inclúen plantacións de millo e cereais. O programa inclúe tamén un desprazamento ata Boimorto para ver inciativas de xestión e conservación de bosques sustentables.