Ir o contido principal

A rede ReVolta organiza un seminario sobre transicións socio-ecolóxicas na agricultura

A rede ReVolta de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia organiza estes días o encontro científico 'Transicións socio-ecolóxicas na agricultura: unha análise comparada entre Europa e América', que se desenvolverá no Centro de Estudos Avanzados. O encontro comeza este venres 25 ás 16:30 horas cunha presentación a cargo de Lourenzo Fernández Prieto e Eduardo Corbelle Rico e a intervención de Geoffrey Cunfer, da Universidade de Saskatchewan(Canadá), titulada ‘Cultivando a Boa Terra: 150 anos de historia das grandes planicies desde o solo’. No seminario participarán ademais os expertos Enric Tello, da Universidade de Barcelona; Manuel González de Molina, David Soto, Manuel González de Molina, Juan Infante e Reinaldo Funes, da Pablo de Olavide de Sevilla; e Wilson Picado, Maximiliano López L. e Roberto Granados, da Universidade Nacional de Heredia (Costa Rica).

O sábado 26 ás 11.00 horas terá lugar a presentación do libro Agriculturas e Innovación Tecnológica en la Península Ibérica (1946-1975), coordinado por Daniel Lanero Táboas e Dulce Freire e editado polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.05.2012.