A rede Tecandali avanza no estudo da variación prosódica dialectal
A rede Tecandali (Tecnoloxía e Análise de Datos Lingüísticos) desenvolveu estes días un simposio sobre metodoloxía para o estudo perceptivo da variación prosódica dialectal, no que ademais participaron lingüistas das Universidades de Barcelona e Aveiro e dalgunha do Brasil. Participaron como conferenciante sos profesores da USC Xulio Sousa, Elisa Fernández Rei e Mª José Ginzo; Albert Rilliard (do CNRS de Francia); Antonio Romano, da Universidade de Torino, Italia); Lurdes de Castro Moutinho, de Aveiro; e Victoria Marrero, da UNED. A rede Tecandali, que coordina o profesor da USC Francisco Dubert, está formada por grupos de investigación das Universidades de Santiago (Cograde, Filga, Modestya e GSI) e de Vigo (Talg e GMT) e financiada pola Xunta de Galicia. Entre os seus obxectivos figura o desenvolvemento de novas metodoloxías de investigación interdisciplinares co fin de superar a fase de colaboración instrumental entre as disciplinas humanísticas, científico-experimentais e tecnolóxicas.