Ir o contido principal

Os Reis Magos realizan unha visita sorpresa á Escola Infantil Breogán da USC

As súas altezas recolleron a correspondencia dos/as máis cativos da USC
As súas altezas recolleron a correspondencia dos/as máis cativos da USC

Facendo un alto nos preparativos do próximo 5 de xaneiro, as súas maxestades os Reis Magos achegáronse á Escola Infantil Breogán da Universidade de Santiago, onde os universitarios máis novos da institución tiveron a oportunidade de gozar da súa presenza. Nesta visita, Melchor, Gaspar e Baltasar foron recibidos con gran ledicia polos máis cativos/as que deste xeito tiveron a oportunidade de entregar aos mesmos Reis Magos a súa correspondencia para o próximo día 5. Ademais, as súas altezas aproveitaron a visita para entregar diversos agasallos entre os pequenos e pequenas da Escola. Na visitaron entregaron un anticipo dos agasallos do vindeiro día 5

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.12.2013.