Ir o contido principal

O reitor achegouse ao CiQUS na primeira xornada de portas abertas do centro

O reitor no CiQUS cun grupo de estudantes de bacharelato (Foto: Santi Alvite)
O reitor no CiQUS cun grupo de estudantes de bacharelato (Foto: Santi Alvite)

Aproveitando as xornadas de portas abertas que este martes e o mércores 17 celebra o CiQUS da USC, o reitor Juan Viaño achegouse ao centro para coñecer de primeira man as actividades que este centro singular de investigación lle ten preparado a calquera persoa que estes dous días decida visitar as instalacións. Estas xornadas de portas abertas enmárcanse no ciclo de visitas ‘Ciencia creativa para un mundo mellor’ a través do cal ao longo destas dúas semanas 500 estudantes de bacharelato de toda Galicia coñecerán as achegas da química á mellora da calidade de vida das persoas e a importancia da investigación científica.

O programa inclúe unha visita guiada polas instalacións e laboratorios do CiQUS, onde poderán coñecer as liñas de investigación máis sobresalientes desenvolvidas no centro, e a participación en varios experimentos e demostracións científicas. Ataviados con batas e gafas de seguridade, traballarán por parellas en experimentos como a síntese química de dous sinxelos compostos con actividade farmacolóxica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.12.2014.