O reitor Antonio López asina este mércores un convenio entre a USC e o Muralla Rugby Club Lugo
O reitor da USC, Antonio López Díaz, asinará este mércores, ás 10.30 horas, na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, un convenio de colaboración co Muralla Rugby Club Lugo para, entre, outros cometidos, unir esforzos cara a fomentar a práctica deportiva do rugby entre o alumnado universitario.
O presidente do Muralla Rugby Club Lugo, Iago Cobas Rodríguez, será o encargado de asinar este convenio coa USC, no marco dun acto no que tamén participará o secretario da entidade deportiva luguesa, Avelino Roca, e a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto.