Ir o contido principal

O reitor Casares departe con bachilleres de Mugardos sobre a USC

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, reunirase este venres 17 con alumnos e alumnas do Instituto de Educación Secundaria de Mugardos para ofrecerlles toda a información relativa á institución que lidera. A xuntanza, que comezará ás 11.30 horas, forma parte das actividades que organiza o programa ‘ A Ponte entre o ensino medio e a USC’. Logo dunha breve charla do reitor, os e as estudantes terán a oportunidade de consultarlle todas as dúbidas ou inquedanzas que lles poidan xurdir arredor do seu futuro universitario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.01.2014.