Ir o contido principal

O reitor clausura en Sarria o curso de verán da USC sobre o Camiño de Santiago

O reitor clausura en Sarria o curso de verán da USC sobre o Camiño de Santiago
O reitor clausura en Sarria o curso de verán da USC sobre o Camiño de Santiago
A última xornada do encontro estará centrada na relación entre a Ruta Xacobea e o coidado da saúde

O reitor da USC, Juan Casares, clausura o sábado 28 en Sarria o curso de verán Camiño de Santiago, Comunicación e Saúde que se está celebrando nesta localidade lucense deste o pasado día 23, dirixido polo profesor da Facultade de Xornalismo e director do gabinete de comunicación da USC, Lois Celeiro Álvarez. O acto terá lugar na Casa do Concello de Sarria (Rúa Maior, 14) a partir das 13.30 horas, e nel participará tamén o alcalde da vila, José Antonio García López. Esta última xornada do curso inclúe diversos relatorios centrados na relación entre o Camiño de Santiago e a saúde: José María Núñez, presidente da Asociación do Camiño de Santiago do Cebreiro, intervirá para falar sobre a saúde no deporte e no traballo; a médico de Samos Milagros Núñez, falará sobre o facer dos médicos rurais nas localidades polas que transcorre o Camiño de Santiago; o pediatra Manuel Pumarega incidirá na importancia de comezar xa na infancia co coidado da saúde; e o último relatorio do curso, sobre a xestión sanitaria no Camiño de Santiago, correrá a cargo do médico Gonzalo Durán.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.07.2012.