O reitor inaugura en Ciencias Económicas e Empresariais unhas xornadas sobre administración electrónica
O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, inaugura este martes 8 ás 10.00 horas no salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais as xornadas ‘Administración electrónica. Sede, goberno e contratación’. Na sesión de apertura interveñen ademais a decana da facultade, Emilia Vázquez Rozas; a directora da Axencia para a Modernización de Galicia, Mar Pereira Álvarez; e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Fernando Suárez Lorenzo. As xornadas, que se desenvolverán ata o 10 de maio coa participación de persoal experto da administración e da empresa privada, están organizadas co apoio da Facultade anfitrioa e do Centro de Estudos Cooperativos da USC.