O reitor inaugura o luns o Master de Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas
O reitor da USC, Juan Casares Long, inaugura este luns 27 o Master de Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas, o título universitario oficial que habilita para o exercicio da profesión. A apertura, na que tamén participa o decano do centro, Lois Ferradás, terá lugar ás 16:00 horas na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte). A USC oferta nos seus dous campus seis especialidades -Ciencias Experimentais, Matemáticas e Tecnoloxía e Informática; Ciencias Sociais e Humanidades; Formación Profesional; Linguas e Literaturas; Artes; e Orientación Educativa- con diversos itinerarios segundo a opción escollida.